CRTVG

Buscar

Os adolescentes toman a palabra no Parlamento

Publicado o 13/11/2018 19:34

Preto de 80 adolescentes, de colexios e institutos de toda Galicia, ocuparon hoxe o hemiciclo do Parlamento para expresar as súas opinións sobre asuntos que lles afectan. Deixaron ben claras as súas prioridades.

Nerea Alén Costa, alumna de 1º de bacharelato: "Nós imos falar sobre a igualdade de xénero, xa que é un tema que está en conflito na nosa sociedade, e imos propoñer unhas solucións onde nós vemos desigualdade na nosa vida".

A desigualde de xénero é unha das súas preocupacións, pero tamén lles pediron aos poderes públicos que vixíen os contidos violentos da televisión e dos videoxogos, e que garantan dereitos básicos da infancia.

"Tamén aquí en Galicia debemos prestar atención aos nenos con familias con recursos económicos máis limitados. Atendendo ao artigo 6, pedísmoslles que, na medida do posible, esas axudas cheguen rápido aos nenos que máis as necesitan. As autoridades deben darlles todo o que lles falte: comida, educación, sanidade. Ningún neno debe pasar fame. Nós propoñemos que se invista nos comedores escolares".

Hoxe, estas mozas e mozos exercitaron un dereito fundamental: expresarse libremente con respeto aos seus iguais, propoñendo ademais solucións para lograr unha sociedade democrática e igualitaria.

Noticias web

13/11/2018