CRTVG

Buscar

Os 34 migrantes rescatados por un barco español no Mediterráneo pasarán a corentena nun ferri

Publicado o 19/04/2020 11:04

Os 34 migrantes acollidos no barco Aita Mari, da ONG Salvamento Marítimo Humanitario, serán trasladados ao ferri "Rubattino" da compañía Tirrenia, onde están outros 147 migrantes. Deberán pasar un período de corentena por motivos de seguridade debido á crise sanitaria que atravesa Italia pola pandemia do coronavirus.
O capitán do Aita Mari, Marco Martínez, solicitou axuda despois de que se lles negase a entrada en Lampedusa, por falta de capacidade de acollida, motivo polo que puxo rumbo a Sicilia.

Noticias web

19/04/2020