CRTVG

Buscar

Orio e Hondarribia levan o premio gordo, a Bandeira da Concha

Publicado o 13/09/2020 13:25

Orio e Hondarribia reinaron na maxestuosa regata da Concha. Un anaco da bandeira feminina ven para Galicia porque no equipo titular das oriotarras formaron Sandra e Vicky Piñeiro que acadaron o segundo título consecutivo para Orio.

O dominio de Hondarribia na categoría masculina prolóngase durante as tres últimas temporadas. Non só defendeu os sete segundos que traía de vantaxe senón que volveu a gañar acadando un triunfo sen discusión. Ziérbena, con seis galegos a bordo, acabou na segunda praza.

Cabo tiña moi difícil mellorar o sétimo posto e, cando menos, pelexou de tí a tí con Urdaibai e a Donostiarra. Así se escribiu a historia da edición número 125 da Bandeira da Concha. Para rematar a temporada de remo só queda unha cita, a vindeira fin de semana co play off de ascenso á Liga ACT.

Noticias web

13/09/2020