CRTVG

Buscar

Orgullo no Deportivo feminino despois de caer na Copa co Barcelona cun gol ao final da prórroga

Publicado o 27/02/2020 21:34

Sullastres: "As que choraban van velo doutra maneira nuns meses. Eu quedo con que isto é histórico".

Esther Sullastres, protagonista na portería do Deportivo Abanca, tíñao claro. As bágoas amosan o orgullo competitivo pero visitar o Barcelona nunha eliminatoria a partido único sentencia de antemán a calquera equipo. Líderes en presuposto, líderes da Liga e cunha media de 4 ou 5 goles marcados na casa. Por iso ten moito mérito que as coruñesas aguantaran 120 minutos imbatidas, ás portas dos penaltis.

Manu Sanchez: "Por un lado, sentes orgullo porque fixeches algo que ninguén fixo. Por outro, estabamos a quince segundos dos penaltis".

Defender tampouco supuxo renunciar ao fútbol. E recibiron as felicitacións do rival. En particular Sulli, que fixo, entre outras, unha dobre parada espectacular xa na prórroga.

Merecían probar a sorte dos penaltis pero a derrota pode saber mellor que algunhas vitorias.

Noticias web

27/02/2020