CRTVG

Buscar

Organizan un torneo virtual FIFA para o fútbol galego

Publicado o 31/03/2020 21:48

A falta de fútbol, fútbol virtual. E os modestos tamén se apuntan. O portal LFM fútbol, que desde Narón ofrece habitualmente resumos de Preferente Norte, Primeira e Segunda Autonómica galega, oganiza esta semana un FIFA que case se lle vai das mans.

Manuel Durán, organizador e responsable do portal LFM Fútbol: "Pensámolo para os equipos locais, de Ferrolterra, pero ao final somos cerca de noventa".

O Compostela, o Ourense, o Silva ou o Bergantiños, e incluso xogadores da Segunda B. Un futbolista de cada equipo collerá o mando da consola e xogará polo seu club. "Algo así como se fixo no torneo de Ibai en que participaron xogadores de Primeira".

E aínda que no FIFA non existan o Ourense ou o Paiosaco. Iso ten solución.

Poderase seguir en liña e coa colaboración dos narradores da Radio galega: "O Domingo xóganse as partidas de cuartos, semifinal e final, en directo pola canle de Twitch". 

O fútbol de salón era isto.

Noticias web

31/03/2020