CRTVG

Buscar

Organizacións de linguas cooficias piden no Congreso mesmo tratamento ca o castelán

Publicado o 11/02/2020 15:08

Organizacións polos dereitos das linguas cooficiais reclaman no Congreso o mesmo tratamento que o castelán. Presentaron un manifesto en que piden o recoñecemento da igualdade lingüística de todas as comunidades. Reclámanlle ao Goberno que cumpra coas recomendacións do Consello de Europa sobre a Carta Europea das Linguas Minoritarias e Rexionais. O encargado de explicalo foi o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, presente no acto.

Marcos Maceira falou dun "recoñecemento da igualdade lingüística. Queremos ter os mesmo problemas para falar as nosas linguas e para utilizalas que ten un cidadán de Madrid cando pasa por esta rúa. Exactamente os mesmos problemas e queremos ter exactamente as mesmas vantaxes".

Noticias web

11/02/2020