CRTVG

Buscar

Ordes entra en alerta vermella pola covid-19 e A Laracha e Monterrei rebaixan o nivel a laranxa

Publicado o 16/10/2020 14:53
Ordes entra en alerta vermella pola covid-19 e A Laracha e Monterrei rebaixan o nivel a laranxa

O Sergas volveu actualizar os niveis de alerta dos concellos pola Covid. Van dende o nivel 0, de cor verde, ata o nivel 3, que marca a máxima alerta.

Hoxe son 11 os concellos en alerta vermella. Súmase á lista o concello coruñés de Ordes e rebaixan o nivel de vermello a laranxa o concello coruñés da Laracha e o ourensán de Monterrei.

Noticias web

16/10/2020