CRTVG

Buscar

Optimismo nos cámpings: aumentan un 75% as reservas para o verán

Publicado o 28/05/2020 22:14
Optimismo nos cámpings: aumentan un 75% as reservas para o verán

Neste cámping de Valdoviño prepáranse para reabrir a partir do 15 de xuño. Igual que o resto do sector, agardan ter as súas instalacións a pleno rendemento para comezos do mes de xullo.

Afrontan unha temporada atípica, pero ilusionante, segundo aseguran, porque as perspectivas son moderamente optimistas. A Federación Española de Cámpings di que nos últimos 15 días as reservas con vistas ao verán medraron ata un 70%.

Por iso, o sector afánase agora en facer todas as modificacións necesarias para cumprir co protocolo envíado polo Ministerio de Sanidade.

Son, din, a mellor opción para as primeiras vacacións poscoronavirus, seguras, ao aire libre e en contornas naturais privilexiadas.

Agardan que o turismo nacional compense a chegada de turistas estranxeiros que antes da pandemia en cámpings coma este supoñían ata o 80% da súa clientela.




 

Noticias web

28/05/2020