CRTVG

Buscar

Opinión dividida nos condutores galegos sobre o pago nas autovías españolas

Publicado o 13/08/2019 15:44

Quixemos saír á rúa a coñecer a opinión das condutoras e condutores galegos sobre esta proposta do Ministerio de Fomento.

As opinións dos condutores e condutoras son ben distintas entre si. Por unha parte están os que pensan que é unha medida boa, que servirá para ir retirando as peaxes das nosas autoestradas pero por outra parte están aqueles e aquelas que pensan que é abusivo cobrar polo uso das dúas vías de circulación.

O que si tamén nos dan unha opinión distinta, falan do emprego do sistema ferroviario ou alternativas ao coche para contaminar moito menos. O que si está claro é que a proposta de Fomento está a dar moito que falar nas estradas galegas.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2019