CRTVG

Buscar

Operarios desinfectan as rúas de Seúl tras aumentaren os casos

Publicado o 29/08/2020 11:30

 

O Goberno de Corea do Sur decretou novas medidas restritivas a partir deste domingo para controlar os gromos de infección por covid-19 nas cidades principais do país. Entre esas medidas está a desinfección das rúas de Seúl e a restrición dos horarios de apertura de cafés e restaurantes.

As autoridades surcoreanas non quixeron, polo de agora, implantar todas as medidas correspondentes ao nivel 3 do seu plan de distanciamento social por temor ao dano económico e turístico nun dos países que mellor controlou a pandemia durante a primavera, sen recorrer ao confinamento nin ao peche de fronteiras.

Noticias web

29/08/2020