CRTVG

Buscar

Olaza e a súa saída do Celta: "Foi unha situación estraña, sorprendeume, pero é pasado"

Publicado o 24/02/2021 13:58

Lucas Olaza coñece ben ao próximo rival do Valladolid, o Celta de Vigo, do que saíu no mercado de inverno, nunha situación que resultou "estraña" e que o "sorprendeu", aínda que "o pasado, queda atrás" e só quere "mirar cara adiante", reflexionou.

Observou que "o Celta de Vigo é moito máis que Iago Aspas, porque aínda que este pode ser o xogador máis determinante, hai outros moitos xogadores de calidade e con xerarquía" que tamén deben ter en conta para tratar de volver de Balaídos cos tres puntos.

 

Noticias web

24/02/2021