CRTVG

Buscar

Çolak adestra co Deportivo e entra na convocatoria de Vázquez

Publicado o 16/07/2020 14:02

• O turco faltou sen motivo ao último adestramento e despois pediu perdón

O centrocampista do Deportivo Emre Çolak entrou nos plans do seu adestrador, Fernando Vázquez, para o partido deste venres co Mirandés en Anduva despois de arrepentirse polo desplante do pasado luns, cando non se presentou na Cidade Deportiva de Abegondo para adestrarse cos seus compañeiros de equipo.

Despois do seu acto de indisciplina, Çolak expresou o seu arrepentimento e adestrouse o día de descanso do persoal, o pasado martes, o mércores quedou á marxe do grupo e este xoves, véspera do partido co Mirandés, reincorporouse á dinámica grupal. "Eu estou aquí para axudar o Dépor ata o final" escribiu o futbolista nas últimas horas nas súas redes sociais, nunha mostra da súa disposición para botar un cable ao seu equipo para lograr a permanencia. O club deixou en mans do seu adestrador, Fernando Vázquez, a apertura dun expediente disciplinario polo seu desplante, tal e como anunciou o seu presidente, Fernando Vidal.

 

 

 

Noticias web

16/07/2020