CRTVG

Buscar

Okay recibe a alta médica tres meses e medio despois e podería entrar na convocatoria contra o Granada

Publicado o 13/09/2019 19:58

O Celta xoga este domingo ás catro da tarde en Balaídos contra o Granada, coa posible presenza no equipo de Okay. O centrocampista recibiu hoxe a alta médica, despois de case catro meses de recuperación. Okay lesionouse a finais de maio coa selección de Turquía. Sufriu unha rotura parcial de ligamento cruzado. O seu xeonllo está curado pero agora está falto de ritmo de competición. Veremos se Fran Escribá o inclúe na convocatoria. O Celta busca a segunda vitoria da temporada contra un equipo que acaba de ascender. Pero o Granada empezou ben a liga fóra da casa: empatou en Vilarreal e gañou 0-3 no campo do Español. O seu adestrador é o vigués Diego Martínez.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2019