CRTVG

Buscar

Okay podería perder o partido ante o Valencia e Aspas non xogará

Publicado o 18/01/2019 09:59

No Celta, novo contratempo coa lesión de Okay Yokuslu. O centrocampista sofre un traumatismo nunha das dedas do pé dereito. O club informa de que Okay se mancou o luns pasado. Descarta a fractura pero está por ver se chega ao partido ante o Valencia. Un partido importante. O Celta necesita sumar para afastarse dos postos de descenso.

Quen non estará ante o Valencia é Iago Aspas. O dianteiro evoluciona da súa lesión, pero a rotura fibrilar que padece non acabou de cicatrizar. Polo de agora, Aspas non está listo para axudar o equipo no campo. 


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/01/2019