CRTVG

Buscar

Okay busca acomodo no once do Celta tras a súa reaparición

Publicado o 23/09/2019 19:51

O xoves volve o fútbol a Balaídos. Xornada no medio desta semana. O Español é o rival.

E Okay ten a oportunidade de atopar o acomodo que busca. Xogou no Metropolitano despois de varios meses e, se cadra, volverá ocupar un posto no once titular. O mellor socio de Lobotka. O futbolista que fortalece o centro do campo a carón dos talentosos.

Catro meses sen xogar un encontro. Catro meses con moitas horas de adestramento. E con esta frase tatuada na pel: "Nunca sabes o forte que es, ata que ser forte é a única opción que tes". 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2019