CRTVG

Buscar

'OK Diario' asegura que Espinosa mantén aínda cargos directivos nunha sociedade 'offshore' en Panamá

Publicado o 04/11/2019 15:34

A tenenta de alcalde de Vigo, a ex-ministra socialista Elena Espinosa, levaría máis de 20 anos como directora e tesoureira da sociedade offshore Rodman Polyships International, en Panamá. Un xornal publica hoxe a acta notarial do seu nomeamento, en 1998. O OK diario di que ese documento do paraíso fiscal constata que Elena Espinosa mente. O alcalde de Vigo evita dar expllicacións.

O Grupo Municipal do Partido Popular cre que ante as novas informacións, Espinosa debe dimitir de todos os cargos públicos que ten.

No rexistro de intereses de Espinosa no Concello de Vigo non aparecen os cargos na sociedade de Panamá.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/11/2019