CRTVG

Buscar

Oito detidos na operación Lince, sete deles xa ingresaron no cárcere

Publicado o 03/04/2020 17:16

A detención dun veciño de Cambados eleva xa a oito as persoas arrestadas no marco da operación Lince. Está a ser investigado pola súa presunta pertenza a un grupo criminal que intentou desembarcar a pasada fin de semana un alixo de 3.700 quilos de cocaína no Grove.

Mentres, seguiron prestando declaración por videoconfenecia os outros detidos. Son sete xa os que ingresaron no cárcere da Lama tras decretalo a titular do xulgado número 2 de Cambados.

Noticias web

03/04/2020