CRTVG

Buscar

Obxectivo: combater a resistencia aos antibióticos

Publicado o 18/02/2020 14:38

Estímase que entre un 30 e un 50% os antibióticos que se prescriben poderían optimizarse, ben porque non é o axeitado ou porque non se precisaba. En moitas ocasión abúsase dos antibióticos, e iso pode provocar o desenvolvemento de bacterias resistentes a eles.

Para mellorar esta situación, o HULA pon en marcha un programa no que especialistas en enfermidades infecciosas analizarán e afinarán o uso dos tratamentos e que se centrará inicialmente en anciáns.

Este novo plan iniciarase en catro residencias da provincia de Lugo onde xa se estaba a facer un programa de seguimento continuado dos pacientes que conseguiu reducir hospitalizacións.

O obxectivo é sinxelo, curar o mesmo pero con menos efectos secundarios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/02/2020