CRTVG

Buscar

O xurado popular delibera na procura dun veredicto no crime da Esmorga

Publicado o 06/05/2019 14:34

O xurado popular delibera xa na procura do veredicto no caso do crime da Esmorga. 

Momento decisivo tras dúas semanas de sesións para xulgar o coñecido como crime da Esmorga. Tras entregarlles as preguntas do obxecto do veredicto. Os nove membros do xurado popular comezaron xa a deliberar para decidir se os dous acusados foron os autores dun asasinato con aleivosía pola morte do mozo romanés de 22 anos, Alexandre Walter Boghio. Os avogados da defensa manteñen que foi un accidente e confían na súa inocencia. 

Pola contra, a acusación particular confía en que o veredicto sexa de culpabilidade por asasinato con aleivosía, porque din non tivo posibilidade de defensa e as probas periciais con restos biolóxicos no valado do canal do viñao proban que Alexandru intentou evitar que o tiraran. E como a súa nai agardan din, que se faga xustiza. 

O xurado popular ten hoxe ata as oito e media da tarde para ter o veredicto, terá que responder e argumentar as diferentes preguntas formuladas pola maxistrada da Audiencia Provincial de Ourense e votar para decidir a implicación dos dous acusados no crime. A Fiscalía pide 18 anos de cárcere para cada un e a acusación eleva a pena a 25 anos. De non obter hoxe un veredicto pasarán a noite incomunicados e continuarán mañá. 

 

Noticias web

06/05/2019