CRTVG

Buscar

O xurado delibera sobre a culpabilidade ou inocencia do home que matou á muller no Carballiño

Publicado o 10/07/2019 17:55

A fiscalía insistiu no seu relato: que o acusado non é un delincuente, que non é un caso de violencia machista, trátase, dixo, dun home enfermo, cun trastorno mental, que nun momento puntual asfixiou a súa muller axudado do cable dunha lámpada, das mans e dunha almofada. Que queda claro que foi el quen a matou, pero que non foi consciente de facelo, e como medida excepcional non lle pide pena de cárcere. Solicita o seu internamento nun centro psiquiátrico dependente da adminsitracion penitenciaria por un período non superior aos 14 anos.

A acusación particular, que nun principio pedía 15 anos de cácere, modificiou a súa petición e únese á da fiscalía. Mentres, desde a defensa insisten en que foi unha terceira persoa a que cometeu o crime. Di que as probas biolóxicas atopadas nas unllas da vítima dan conta desa terceira persoa.

Tres días de xuízo, as partes elevaron as conclusións a definitivas e agora será un xurado popular o que ditamine a inocencia ou culpablidade de José Alén. O home está acusado de matar a súa muller hai dous anos no Carballiño.





 

Noticias web

10/07/2019