CRTVG

Buscar

A petición dun segundo veredicto non é excepcional no procedemento xudicial

Publicado o 30/11/2019 15:03

No mundo xudicial e sobre todo en casos de tanta complexidade como o de Diana Quer, que o presidente do tribunal devolva o cuestionario do veredicto ao xurado, non é unha cuestión excpecional. Con este procedemento preténdese precisar os razonamentos do xurado e evitar recursus fututros que poidan obrigar a repetir o xuizo.

Segundo Evaristo Nogueira, ex decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela,  "a finalidade de ser puntillosos nesa resposta está na garantía, das propias respostas do tribunal do xurado e nunha garantía que se reflicte no veredito".

Xurado e presidente do tribunal xuntaronse hoxe para revisar o novo veredicto, o segundo. O xuiz que preside o tribunal deberá comprobar se as deficencias están corrixidas e se non o considera así pode devolver o veredicto ata en outras dúas ocasións.

"A terceira vez que ese cuestionario vén de volta -afirma Evaristo Nogueira-, e o presidente estima que non é completo conforme a propia lei do tribunal do xurado, pois disólvese o xurado. A consecuencia é o novo nomeamento dun xurado, con cidadáns completamente distintos, e celebración dun novo xuízo".

Se no novo xuizo cun novo xurado rexéitase outra vez por tres veces o veredito popular, a lei contempla que o acusado reciba unha sentenza absolutoria. Porén, como é habitual o xurado solventou as deficiencias, aceptouse o veredito e xa só queda decidir a sentenza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/11/2019