CRTVG

Buscar

Un xulgado pide as gravacións de Baraxas pola denuncia do PP contra Ábalos

Publicado o 18/02/2020 20:51

Un xuíz de Madrid pídelle a AENA os videos de vixilancia de Baraxas do 20 de xaneiro, como consecuencia da denuncia do Partido Popular contra José Luis Ábalos polo seu encontro coa vicepresidenta de Venezuela. O Congreso debate arestora unha moción que pide o cesamento do ministro de Transportes.

A falta de comisión de investigación, o PP impulsou no Congreso unha moción para esixir do Goberno o cesamento de José Luis Ábalos. Acúsao de seis mentiras para encubrir o seu encontro en Baraxas coa número dous do Goberno venezolano.

Marta González, PP. "É moi grave que esa señora non sexa inmediatamente detida en cumprimento da lei. É moi grave, en cambio, que reciba a visita do ministro de Transportes e secretario xeral do Partido Socialista Obreiro Español cando está ilegalmente en territorio español e da Unión Europea, e é aínda máis grave que o ministro o negue todo e minta".

A moción pide tamén a ratificación de Juan Guaidó como presidente encargado de Venezuela. A semana pasada Pedro Sánchez referiuse a el como xefe da oposición. Este martes, un xuíz ordenou que se garden as gravacións das cámaras de seguridade de Baraxas do 20 de xaneiro ante posibles indicios de delito.

Noticias web

18/02/2020