CRTVG

Buscar

Polémica por un vídeo de Irene Montero en que fala da manifestación do 8-M

Publicado o 01/06/2020 21:02

O Partido Popular pide que a ministra Montero dea explicacións no Congreso. Para Ana Pastor, esta filtración é a proba de que o Goberno non actuou antes por motivos políticos.

O xornal ABC publica hoxe un vídeo en que a ministra de Igualdade apunta o coronavirus como posible causa da caída de participantes nas marchas do 8 de marzo.

Recolle os momentos previos a unha entrevista que a ETB lle facía á ministra de Igualdade o día despois das manifestacións do 8-M.

"Moi ben. Eu saín moi contenta porque había mogollón de peña", comenta Irene Montero.

A ministra falaba coa xornalista mentres se preparaban para entrar en directo nun programa da canle vasca. A conversa á que lle dá eco o ABC.

A xornalista preguntalle: "A que cres que se debe a baixada de participación?". Irene Montero responde: "Creo que ao coronavirus. Non o vou dicir, porque quero ser moi prudente. Porque creo que a comunicación que se está facendo como Goberno é unha comunicación moi baseada nos datos médicos".

Irene Montero recoñece certo sentimento de pánico na sociedade e, ao mesmo tempo, lembra como lle pedían bicos e abrazos: "Isto é peche xa do Ministerio... porque a xente todo o tempo. Un bico ministra. Podo darche un bico? Ben, din que o coronvirus, pero dá igual", comenta a ministra.

O vicepresidente segundo defende os comentarios difundidos este luns da ministra de Igualdade nunha conversa previa a unha entrevista. Pablo Iglesias  asegura que o que di Irene Montero é "bastante sensato" e afirma tamén que son "cousas que xa se sabían".

"O que di é bastante sensato. Di que o Goberno ten que facer caso os expertos, di que hai que ser enormemente prudentes e di cosas que xa se sabían", di Pablo Iglesias, vicepresidente segundo do Goberno.



 

Noticias web

01/06/2020