CRTVG

Buscar

O xogador do Arandina que estaba no piso cando se produciu a presunta violación di que non pasou nada

Publicado o 26/11/2019 21:06
O xogador do Arandina que estaba no piso cando se produciu a presunta violación di que non pasou nada

No xuízo contra tres ex-xogadores do Arandina, hoxe declarou o cuarto xogador que estaba no piso onde supostamente se produciu a agresión sexual.

Esta testemuña asegura que o 24 de novembro de 2017 naquel piso non pasou nada. Dixo que viu a menor cos seus compañeiros en actitude normal, que el estivo xogando coa consola noutro cuarto e que cando saíu, dez minutos despois, a rapaza xa non estaba.

Tamén declarou unha amiga da vítima, que ratificou a versión da agresión sexual.

Noticias web

26/11/2019