CRTVG

Buscar

O XIII Outono Gastronómico chega cunha nova oferta de menús de temporada con produtos locais

Publicado o 23/09/2019 16:12

Unha das primeiras casas de turismo rural que abriu en Galicia non perdeu nin unha edición das trece que van do Outono Gastronómico que este ano vén con novidades canto a paquetes turísticos e actividades complementarias en todos os establecementos participantes como paseos de a cabalo, catas de viño ou termalismo.

Eduardo Brandariz, casa rural participante: "Este ano ampliáronse un pouco os paquetes de fin de semana para familias con nenos e esperamos que sexa un éxito como os anos de atrás, e tamén se incorporou como un engadido máis a visita ao Museo do Mel, que temos aquí preto en Portodemouros, e é unha visita interesante a curiosa para os pequenos e en familia".

Cada casa ofrece dous menús que priman o produto de temporada e de proximidade. Son únicos e diferentes en cada unha e están pechados, agás imprevistos.

Eduardo Brandariz, casa rural participante: "Intentamos poñer en valor produtos da zona e de tempada como cogomelos, capón, xarrete e as cremas con verduras da horta ou salteados e este ano xa comezou a chover pero o pasado empezou a chover moi tarde e non había cogomelos".

O outono está disposto para que o saboreemos ata o 15 de decembro en casas rurais das catro provincias galegas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2019