O xestor de Neurona recoñece o desvío de cartos electorais de Podemos
Publicado o 18/11/2020 14:51
O xestor que ten en España a consultora Neurona recoñece o uso irregular de cartos electorais por parte de Podemos.
O xornal El Mundo tivo acceso á declaración que fixo perante o xuíz que investiga o presundo financiamento ilegal da formación de Pablo Iglesias. Nela, Elías Castejón admitiu que Podemos desviou fondos electorais na campaña de 2019 a México, sen contrato ningún. Tamén asegura que alertou de pagamentos que non eran fiscalmente deducibles.
Máis sobre actualidade
25/01/2021 21:24
25/01/2021 21:19