CRTVG

Buscar

O West Ham non paga cláusula por Maxi Gómez e acabará no Valencia

Publicado o 09/07/2019 17:22
O West Ham non paga cláusula por Maxi Gómez e acabará no Valencia

Cando todo parecía feito para que o xogador abandonase o Celta camiño de Inglaterra a situación volve ao punto de partida. O West Ham non paga a cláusula por Maxi Gómez, 50 millóns de euros, como reclamaban os celestes, e todo apunta a que a operación que se vai concretar é a que a semana pasada pecharon o Celta e o Valencia: o dianteiro uruguaio xogará no club de Mestalla e Santi Mina regresará a Vigo para xogar no Celta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/07/2019