CRTVG

Buscar

O virus da covid-19 pode sobrevivir ata 28 días en móbiles e billetes

Publicado o 12/10/2020 14:19

O virus da covid-19 pode sobrevivir ata 28 días en determinadas superficies como billetes ou teléfonos móbiles, segundo un estudio da axencia científica australiana. A supervivencia diminúe a medida que aumenta a temperatura.

As probas fixéronse cunha temperatura de 20 graos e na escuridade. Con esas condicións o virus da covid-19 pode sobrevivir ata 28 días, 10 máis que o virus da gripe, en determinadas superficies lisas.

Subindo a temperatura o virus aguantaba menos. Con 40 graos non resistía máis de 24 horas. E iso no laboratorio. No mundo real, din os responsables do estudo, o virus está en contacto coa luz, con diferentes humidades e temperaturas, polo que a resistencia sería menor.

Insisten os expertos, ademais, en que a covid-19 se contaxia fundamentalmente polo aire.

 

Noticias web

12/10/2020