CRTVG

Buscar

O veredicto do xurado declara a Abuín culpable de asasinato, privación de liberdade e agresión sexual

Publicado o 30/11/2019 21:35

O xurado do caso Diana Quer declarou probadas a agresión sexual, o rapto e o asasinato con aleivosía. Declararon culpable ó Chicle deses tres delictos. Pero consideran que non se pode demostrar a violación. 

O  xurado declarou culpable por unanimidade ao acusado dun delito de detención ilegal, outro de agresión sexual e un terceiro de asesinato con aleivosía e para ocultar outro delito e subseguinte a un delito contra a liberdade sexual. O xurado oponser por unanimidade á concesión do indulto e suspensión da pena. Non o consideran culpable de violación.

Demorou un día o veredicto do xurado popular, pero a deliberación desta mañá facíase pública contra as dúas da tarde. O maxistrado presidente da sección sexta da Audienca Provincial da Coruña rexeitara onte o primeiro veredicto ao considerar que había contradiccións e falta de argumentación nos delitos que se lle atribuían a José Enrique Abuín. Hoxe, despois de facer as correccións pertinentes, o xurado pronunciábase así:

"O xurado por unanimidade encontra ao acusado, José Enrique Abuín Gey, culpable do delicto número 15: consistente en privar de liberdade a Diana María Quer López-Pinel. Tamén o 18, consistente en agredir sexualmente a Diana María Quer López-Pinel. 0 19, de matar intencionadamente a Diana María Quer López-Pinel, sen risco para a persoa que puidese proceder da defensa por parte da vítima."

Tres delitos: detención ilegal, asasinato con alevosía e agresión sexual. O que non se puido demostrar foi que houbese violación.

"Tamén declaramos 'non culpable' por unanimidade do delito 16, consistente en violar a Diana María Quer López-Pinel; e do delito 17, consistente en ter intertado violar a Diana María Quer López-Pinel."

Escoitado o xurado, agora será o maxistrado Ángel Pantín quen dicte sentenza e determine as penas, que previsiblemente se coñecerán nunhas semanas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/11/2019