CRTVG

Buscar

A caída dunha árbore sobre un coche obrigou a cortar unha estrada en Moaña

Publicado o 20/01/2020 20:17

• A circulación está xa restablecida e non houbo que lamentar danos persoais

O vento alcanzou os 113,7 quilómetros por hora no municipio de Lousame (A Coruña), no monte Muralla, ás 18,00 horas deste luns de alerta laranxa por fortes ventos. Segundo información de Meteogalicia, o vento pasou dos 100 quilómetros por hora noutros tres municipios nesta xornada: Cedeira (113 kms/ h), Cuntis (105,4 kms/ h) e Malpica de Bergantiños (101,3 kms/ h).   

Pola súa banda, outros municipios como Viveiro, Portomarín ou Santiago rexistraron refachos de vento de nordeste próximas aos 100 quilómetros por hora. Todo iso, nunha xornada na que a sensación térmica ha estado "moi por baixo" do que marcan os termómetros, segundo explica Meteogalicia.

A modo de exemplo, aínda que a mínima en Cervantes (Lugo) tivo unha temperatura de -1 graos, a sensación térmica foi de -9 graos.  Pola súa banda, as provincias da Coruña e Lugo, así como boa parte das de Ourense e Pontevedra, estarán na xornada do martes en aviso amarelo por fortes ventos de máis de 80 quilómetros por hora.