CRTVG

Buscar

O vento dificulta a extinción dun incendio en Oímbra

Publicado o 19/10/2020 15:52

O intenso vento está a dificultar os labores de extinción dun incendio forestal que afecta a parroquia de Videferre, no concello ourensán de Oímbra.

Levan ardidas 15 hectáreas, segundo Medio Rural. Ao parecer o incendio entrou desde Portugal. Traballan na zona que se atopa lonxe de núcleos habitados dous helicópteros e dous vehículos motobomba.

Noticias web

19/10/2020