CRTVG

Buscar

Controlado o incendio próximo ao mosteiro de Montefaro, en Ares

Publicado o 02/09/2019 14:38
Controlado o incendio próximo ao mosteiro de Montefaro, en Ares

O incendio orixinado na zona de  Montefaro, en Ares (A Coruña) na tarde de onte, preto de onde se atopa o mosteiro de Santa Catalina, está controlado, segundo confirmou o alcalde aresán, Julio Iglesias.

O rexedor asegurou que na contorna permanecen "reténs para vixiar que o vento non avive o lume e que poida cruzar" ata o próximo mosteiro. Ademais, subliñou que a presenza dos devanditos efectivos tamén busca evitar a extensión das lapas cara aos núcleos de Cervás e Chanteiro. Fontes municipais informan de que se viron afectadas 16 hectáreas por este incendio, controlado ás 4:30 horas de hoxe.

A través da súa conta persoal na rede social Facebook, o alcalde agradeceu o traballo de brigadas, Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Mugardos e os corpos de Policía Local de Ares e Mugardos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí