CRTVG

Buscar

Un 15 de agosto atípico en Galicia sen festas

Publicado o 15/08/2020 15:27

Ano tras ano, A Catedral de Santiago é o lugar máis visitado de Galicia. Este mediodía a Praza do Obradoiro permitía gardar a distinacía de seguridade sen dificultade.

"Estamos hospedados nun hotel rural e pensabamos ir ata Viveiro pero como está mal tempo decidimos dar unha volta por aquí por Santiago"
"Santiago merece a pena, Galicia merece a pena pero con reservas", din dous turistas.

Cara a unha da tarde, a entrada á basílica, dende a Praza da Inmaculada congregaba algo máis de xente.

O turismo nacional é o maioritario nesta fin de semana na que a hostaleria resiste unha baixada na ocupación.

" Segue habendo moitas cancelacións, nestas datas tiña que ser cheo e encher o hotel tres veces pero onte tivemos oito habitacións", di Roberto Sousa do Hotel Costa Vella. "Empezamos moi ben agosto, pero si que baixou está fin de semana", apunta Alejandro Oubiña do Restaurante Torres De Altamira.

Nin o tempo revolto, nin as restricións sanitarias botaron por terra as gañas de pasear por Compostela destas tres parellas de Córdoba.
"Gardar a distancia e pasalo ben, tamén se pode pasar ben nestas circunstancias"

Con toda seguridade, Maruxa e Coralia testemuñan o 15 de agosto con menos visitas. A foto na emblemática escultura é obirgada.



 

Noticias web

15/08/2020