CRTVG

Buscar

O TSXG revisa a sentenza do crime da Esmorga

Publicado o 12/11/2019 20:35

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia está a revisar a sentenza do crime da Esmorga. Os dous condenados a 16 anos de prisión polo asasinato dun mozo de 22 anos en decembro de 2014, volveron sentar hoxe no banco dos acusados ao recorrer contra a resolución da Audiencia Provincial de Ourense. Un deles pide a libre absolución e o outro que se rebaixe de asasinato a homicidio. A nai da vítima urxe o ingreso de ambos os dous en prisión.

O corpo do mozo romanés apareceu no encoro de Albarellos a onde os acusados o tiraron tras darlle unha malleira, segundo a sentenza da Audiencia Provincial de Ourense.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/11/2019