O TSXG confirma a sentenza condenatoria polo crime de Yulissa Altagracia
Publicado o 01/03/2019 15:16
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma a condena de 19 e 18 anos de cadea para os dous acusados de matar unha muller, á que lle vendían cocaína, en 2015 na Pobra do Caramiñal. O ditame ratifica as conclusións da sentenza da Audiencia Provincial e tamén o pagamento de 350.000 € á familia da vítima. A defensa dos condenados alegou que a sentenza non estaba motivada. O alto Tribunal di que se trata dun dictame exemplar na xustificación das conclusións.
Máis sobre actualidade
17/01/2021 21:04
17/01/2021 20:57
17/01/2021 20:41