CRTVG

Buscar

O TSXG confirma a condena de 41 anos de prisión para o acusado do crime de Chapela

Publicado o 04/12/2019 17:48
O TSXG confirma a condena de 41 anos de prisión para o acusado do crime de Chapela
A Sala do Civil e Penal de Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de 41 anos de prisión imposta pola Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra a José Luis Luna Pereira por asasinar dun disparo a un mozo na praia de Arealonga de Chapela, Redondela (Pontevedra), durante a madrugada do San Xoán de 2017. Así, ratificáronse a condena de 24 anos de prisión pola comisión dun delito de asasinato, de 10 anos polo intento de asasinato a outro mozo e de cinco anos por intento de homicidio os dous axentes da Policía Nacional que o detiveron.
Ademais, mantívose a imposición doutros dous anos de cárcere por un delito de tenencia ilícita de armas ao acusado. O TSXG confirmou a condena para o acusado nunha sentenza contra a que cabe recurso de casación ante a Sala Segunda do Tribunal Supremo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí