O TSXG condena a Javier Gabarri, do clan dos Madriles, a 20 anos de cadea
Publicado o 22/04/2020 14:32
20 anos de cárcere. É a pena imposta polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a Javier Gabarri, do coñecido clan dos Madriles, por reter no seu domicilio unha moza de 25 anos.
Sucedeu hai dous anos cando, ao longo de 19 días, a agrediu sexualmente, a golpeou e a someteu a un trato vexatoiro.
A pena tamén contempla a prohibición de comunicarse coa vítima e unha indeminzación polos danos morais causados.
O tribunal condena tamén os pais e irmáns do agresor a cinco anos por ser cooperadores necesarios dun delito de detención ilegal.
Máis sobre actualidade
08/03/2021 22:48
08/03/2021 21:45