CRTVG

Buscar

O TSX de Madrid prohibe as manifestacións do 8M

Publicado o 07/03/2021 01:19
O TSX de Madrid prohibe as manifestacións do 8M

O TSXM prohíbe as manifestacións do 8M

    A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid mantén a prohibición das manifestacións do 8M que xa acordara a Delegación do Goberno nesa comunidade. Rexeita así tres dos recursos presentados contra a medida por coletivos feministas que pretendían celebrar diversos actos públicos o vindeiro día 7.

Este domingo o TSXM notificará o resto das resolucións correspondentes aos outros seis recursos presentados contra a decisión da Delegación do Goberno para actos semellantes convocados para o día 8.

A Fiscalía da Comunidade de Madrid xa solicitara previamente ao TSXM que mantivera a prohibición acordada pola Delegación do Goberno. Na súa comparecencia perante o tribunal, a fiscalía saliento o "risco" que supón para a saúde pública a celebración de manifestacións.