CRTVG

Buscar

O TS non suspenderá como deputados aos presos electos cando tomen posesión dos escanos

Publicado o 20/05/2019 08:49

O Tribunal Supremo non suspenderá como deputados aos presos electos unha vez que tomen posesión dos escanos obtidos nos comicios do 26-M. Os maxistrados deixan a decisión en mans da Mesa do Congreso, que será quen dictamine se continúan ou non como deputados e en que condicións. O que si autorizou o Supremo é que Junqueras, Turull, Rull e Sánchez se acrediten mañá luns no Congreso e xa o martes participen na sesión constitutiva das Cortes. Só para adquirir a plena condición de deputados, pero non para participar noutras actividades da xornada. Queda no aire que pasará coas seguintes sesións e que papel pode corresponder aos daquela xa novos deputados.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/05/2019