CRTVG

Buscar

O Tribunal Supremo británico considera ilegal a suspensión do Parlamento

Publicado o 24/09/2019 19:16
O Tribunal Supremo británico considera ilegal a suspensión do Parlamento

O Tribunal Supremo do Reino Unido acordou este martes, cun veredicto unánime, en contra do primeiro ministro, o conservador Boris Johnson, ao considerar ilegal a suspensión do Parlamento durante cinco semanas.

Os once xuíces da máxima instancia xudicial dese país tiñan que examinar dous recursos diferentes: o da Corte de Apelación de Escocia, que considerou ilegal a medida adoptada polo xefe do Goberno, e a do Tribunal Superior de Londres, que determinou que a cuestión era de competencia política.

Johnson asegura que está en profundo desacordo. A oposición considéraa un gran logro, e forzará agora un novo debate sobre as condicións do brexit, para evitar unha saída polas bravas do país da Unión Europea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí