CRTVG

Buscar

O Tribunal Supremo decide hoxe sobre a exhumación dos restos de Franco

Publicado o 24/09/2019 08:06
O Tribunal Supremo decide hoxe sobre a exhumación dos restos de Franco

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo reúnese para resolver os recursos da familia Franco contra a retirada dos restos do ditador do Val dos Caídos.

Distintos xornais publican hoxe que hai unanimidade na sala en considerar que a exhumación é legal e que lle vai dar a razón ao Goberno. Máis dúbidas pode haber, din as mesmas fontes, en se o Goberno pode prohibir que os restos de Franco vaian á catedral da Almudena. Por este motivo, a sentenza pode que se aprace ata mañá.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí