CRTVG

Buscar

O Tribunal de Contas destapa un exceso de custo de máis de sete millóns nas obras do AVE

Publicado o 08/02/2019 08:44

Un informe do Tribunal de Contas revela que as obras para soterrar as vías do AVE en 13 cidades acumulan un exceso de custo de 7.600 millóns. O importe total necesario para terminar os proxectos ascende a 11.700 millóns, un custo que triplica os 4.000 millóns calculados inicialmente, segundo o estudo, con datos de 2016. Os maiores excesos de custos estarían en Valencia. En cambio, no informe non figura ningunha cidade galega onde se disparare o presuposto por recolocar as vías do tren ou soterralas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/02/2019