CRTVG

Buscar

O Tribunal de Contas da UE ve positiva a influencia que terá o AVE galego no norte de Portugal

Publicado o 05/03/2019 22:29

Na análise de impacto que fixo o Tribunal de Contas de Bruxelas sinalan positivamente que miles de veciños do norte de Portugal afastados das grandes rutas de transporte poderán utilizar o AVE galego pola súa proximidade. Xa fóra de Galicia, Miranda do Douro e Braganza estarán a menos dunha hora das paradas da alta velocidade de Zamora e da Pobra de Seabra. As estacións galegas aínda están máis preto dos portugueses.

Os veciños de aquí, de Chaves, por exemplo, en media hora de coche poden chegar á Gudiña e ter acceso co AVE á meseta española ou chegar á Coruña en hora e media.

Mesmo Vigo será referencia para as vilas máis achegadas a fronteira. Viana do Castelo, cos seus case 130.000 habitantes contará así cunha estación de alta velocidade a unha hora por autoestrada.

Noticias web

05/03/2019