O Hagibis deixa por agora 18 mortos no Xapón
Publicado o 13/10/2019 14:37
O paso do tifón Hagibis polo Xapón deixa uns datos provisionais de dezaoito mortos, trece desaparecidos e preto de 150 feridos. O tifón, un dos máis fortes que golpea o arquipélago en décadas, afectou o centro, o leste e o nordeste do país.
As que vemos son imaxes da prefectura de Nagano, unha das máis danadas. O goberno mobilizou o exército para axudar no labores de rescate. A alerta continúa polo risco de riadas e corrementos de terra.