CRTVG

Buscar

Reivindican o Cela vangardista 30 anos despois do seu Nobel

Publicado o 20/11/2019 15:53

A Fundacion Cela reunía en 1998 un grupo de novas figuras do panorama literario español, entre elas, as galegas Luísa Castro e Blanca Riestra. Un encontro que se repite 21 anos despois na Fundación do Nobel en Iria Flavia.

30 anos despois da concesión do Nobel, os participantes no encontro destacan a importancia da obra de Cela na literatura española do século XX.

O encontro de escritores de Iria Flavia é unha das actividades programadas pola Fundacion Cela para celebrar a concesión do Nobel ao escritor de Padrón en 1989.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/11/2019