CRTVG

Buscar

O tenente fiscal do TS denuncia presións de dous compañeiros para evitar o arquivamento das querelas contra o Goberno pola pandemia

Publicado o 21/09/2020 14:47

O número dous da carreira fiscal defende o seu ditame, favorable ao arquivamento da vintena de querelas contra o Goberno pola xestión da pandemia. Di Luis Navajas que a Fiscala Xeral do Estado non interveu no informe, pero si denuncia presións doutros fiscais. Sen mencionalos directamente, acusa a Consuelo Madrigal e a Fidel Cadena de intentar influír nel para que abrise un procedemento penal.

Navajas tamén falou da presunta relación entre o fiscal do caso Villarejo, Ignacio Stampa, coa avogada de Podemos, Marta Flor.

A fiscalía vai investigar se Stampa pasou información confidencial aos letrados de Podemos en relación co caso Dina.

Noticias web

21/09/2020