CRTVG

Buscar

O temporal no mar golpea con forza a costa cantábrica

Publicado o 12/02/2020 14:20

O mar golpeou con forza o porto asturiano de Tazones, pechado desde o luns á tarde por mor dun temporal que deixou ondas de máis de oito metros.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía mantiña activados os avisos laranxas ata primeira hora desta mañá en todo o Cantábrico, onde está previsto que a situación vaia mellorando a medida que avance o día.

O temporal golpeou tamén a localidade guipuscoana de Zarautz, onde a forza da auga abriu un burato no dique do porto.

Tamén no porto de Getxo houbo algúns estragos no paseo marítimo.

Noticias web

12/02/2020