CRTVG

Buscar

O temporal Gloria recrúa con neve, vento e chuvia en 36 provincias españolas

Publicado o 20/01/2020 18:24

Xa son tres as persoas falecidas

O temporal Gloria está a afectar 36 provincias españolas nas houbo que activar avisos que van desde o amarelo ao vermello por vento forte, marusía e neve, ainda que o epicentro está no leste do país.

En toda a franxa costeira de Cataluña hai aviso laranxa por nevadas e vemello por vento e marusía. Hai areais asolagados, numerosos incidentes relacionados co tempo e moitas complicacións no tráfico.

Na Comunidade Valenciana, tamén en alerta laranxa e vermella, neva desde esta mañá mesmo a carón da da costa e as fortes ondas obrigaron a desaloxar urbanizacións ameazadas de asolagamento. Hai estradas cortadas, portos como o de Valencia pechados, miles de nenos sen colexio, voos e trens cancelados, cortes na subministración eléctrica, e algunha vila illada.

A situación é parecida en Alacante, onde o aeroporto está pechado e onde a nevada de hoxe foi das máis grandes que se lembran.

Tamén o mar está a bater marcas no Mediterráneo, tanto no litoral peninsular como no das illas Baleares, con aviso laranxa por ondas de máis de oito metros.

Segundo os meteorólogos, hoxe está a ser a xornada máis dura da borrasca, malia que as previsións para mañá seguen anunciando alertas por vento, neve e marusía. O mércores empezara a notarse a melloría, pero aínda se manterá a alerta laraxa na costa de Cataluña e Menorca.

 

Noticias web

20/01/2020