CRTVG

Buscar

O temporal causa danos nos paseos de Oleiros e A Coruña

Publicado o 24/01/2019 14:38

O primeiro temporal do ano deixou pegada na localidade oleirense de Santa Cruz. Aquí, a forte ondaxe arincou varios bloques de formigón do bordo do paseo marítimo deixando este treito un tanto perigoso.

"Aquí arrincou un pouco, pero todos os anos pasa igual. Sempre pasa algo. E somo un pouco imprudentes. Había un home saltando o valado. Paréceme unha imprudencia. Batía con forza. Eu vivo no cuarto e paso as noites mirando como se cabrea" "Xa había ocos polo muro e entón o mar fai forza aquí".

Onde tamén bateu con moita forza foi na praia de Riazor, na Coruña. Aquí, as ondas levaron por diante parte da duna de protección do paseo marítimo e arrincaron estes tres bancos de granito. Dous deles arrastrounos ata esta zona axardinada.

 "Isto non foi nada... Isto foi un aviso pequeniño. Estamos afeitos. Xa vimos a praza de Pontevedra convertida na ría de Vigo"

E outra das imaxes rechamantes atopámola na praia de Bens onde apareceu parte dunha balea varada.

Andrés Pereira, voluntario da CEMMA: "Atopamos restos dunha balea en avanzado estado de descomposición. Os restos que hai aquí miden 6,75 centímetros.

Este é xa o sétimo exemplar que aparece nas costas galegas desde o pasado mes de novembro.

Noticias web

24/01/2019