CRTVG

Buscar

O teléfono móbil é xa o principal dispositivo que usan os galegos para acceder a Internet

Publicado o 29/07/2019 21:45

O teléfono móbil é xa o principal dispositivo que usan os galegos para acceder a Internet. Os avances nas súas prestacións e o acceso de usuarios cada vez máis novos son algúns dos motivos que provocaron este pulo.

Convertéronse en imprescindibles e hoxe moitos nin saen á rúa sen el. O teléfono móbil é practicamente un apéndice máis do noso día a día e é raro dar con alguén que non o leve preto da man. Un estudo revela que o móbil desprazou xa o ordenador como o principal dispositivo para acceder a Internet. Facer compras, servizos bancarios ou ver este Telexornal son algunhas das tarefas para as que se demandan teléfonos con cada vez máis prestacións.

Na orella, na man, só ou acompañado, o móbil é prácticamente unha parte máis do noso corpo. Daqueles que non servían para máis que facer unha chamada só queda o recordo, porque os teléfonos intelixentes desterraron o resto de aparellos electrónicos.

O 98% dos galegos escollen o teléfono se teñen que conectarse a Internet fronte ao 65% que se decanta aínda polo ordenador. Uns gustos que obrigaron os fabricantes a adaptarse e a deseñar terminais cada vez con máis prestacións.

Diferentes opcións para un dispositivo que nos acompaña día a día, tanto que, ás veces, é mellor gardalos e continuar navegando pola nosa propia realidade.








 

Noticias web

29/07/2019